
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Fecha (San Xoán)
Lugar: Fontoade
Outra denominación do ben: Castro Vello
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Segundo a ficha do PXOM o castro está formado por un recinto único con esquinas subrectangular e con esquinas redondeadas . As defensas están constituídas por un terraplén de terra na metade meridional, que vén sendo a parte de maior pendente natural, e por un muro precedido de terra na metade setentrional ( a zona máis desprotexida en relación coas defensas naturais). No sector oriental consérvase cachote ( pedra miúda) superficial que procede dun muro que coroaba un terraplén de terra. Accédese polo nordés por unha entrada feita en datas relativamente recentes . As dimensións son 115 m. (noroeste-sueste) e 163 m. nordés-suroeste).
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15078037
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.PDF
pax. 25 do pdf (202 de 401 do documento Pxom)
Martínez Murguía,Manuel (1865). Historia de Galicia Tomo I, p.448. Lugo. Imprenta de Soto, Freire.
VV.A. (1987). Catalogación de Yacimientos preromanos del Ayuntamiento de Santiago, p. 114, 115, 149 (fig 5). Consellería de Cultura e Benestar Social. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio-Histórico Artístico
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9474390109Lonxitude: -8.59081506729
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
galleik says:
Mar 30, 2012
Estiven este pasado verán do 2011 nel. Pódíase entrar sen problemas pola porta da muralla, que se abre ao caminho que leva directamente a ela. Pódese caminhar por dentro, ainda que dependerá moito de se se rozou ou non. As xentes do lugar chamáronlle Castro Vello, dato que considero moi interesante posto que dende este castro se pode ver cara o norte o cercano castro que domina dende a altura o val e ao outro lado o rio Tambre. Este outro castro recibe o nome de Castro Maior (pronunciado polas xentes do lugar como Castro Maór). Outra interesante historia que escoitei preguntando sobre a localización dos castros foi que segundo lle contaran os seus avós ao meu informante, hai moito tempo, as xentes protexíanse aló no alto do Castro Maór guindándolle pedras aos que os atacaban. Se se ten oportunidade de subir ao Castro Maor poderase apreciar a grande cantidade de pedras que quedaron no perímetro, restos das antigas murallas.
elixiovieites says:
Abr 12, 2013
O mapa de pendentes Lidar 2010 do “Castro Vello” de Fontoade
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0703.pdf
Acceso á páxina do Catálogo do ano 2007. Santiago
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.PDF
pax. 25 do pdf (202 de 401 do documento Pxom)