Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Outes
Parroquia: Entíns (Santa María)
Lugar: Coiradas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro emprázase nas ladeiras dos montes de Santa María de Entíns e que caen ata o lugar denominado O Conchido, onde está asentado a unha altitude de 20 m., preto do humidal que forma o Río Tíns na súa enseada e formando un outeiro que sobresae do entorno. O castro está a pouca altura das terras próximas, pero acentúase máis o desnivel contra o norte e o sur. Ten boa visión para a defensa e controla o sistema montañoso ao cal pertence . Agrafoxo pon unhas medidas para o asentamento de 38 m. norte-sur e 29 m. este-oeste, pero Xoán Mariño apunta unhas dimensión ben diferentes, 125 m. no diámetro menor e 150 m. no maior. Ten forma ovalada, consta dun só recinto que o rodea, segundo o Libro de Agrafoxo, e dous, de forma concéntrica, para Mariño que entende que o castro é máis grande. Mariño tamén aumenta a altura do parapeto exterior a 5m., na parte oeste está case inapreciable. A muralla interior, duns 2 metros de alto en todo o perímetro, rodea unha croa de 50 x 60 m. aproximadamente, a cal se chegaba por unha escaleira situada ata hai uns poucos anos, posiblemente flanqueada por torres, cuxos alicerces e muros defensivos eran visibles na maior parte do seu entorno. Pola súa situación este castro é atípico en relación cos poboados fortificados da idade de Ferro (do 800 ao 100 a. de C.) que soen estar a maior altura. Enténdese que este é un castro costeiro e estaban directamente relacionados con este medio. Agrafoxo atopou no seu interior un cuncheiro, depósito de grandes cantidades de restos de bivalvos de todas clases, peixes e outros mariscos. O estado de conservación é moi malo debido ás labores agrícolas e a extracción de pedras para obras do porto do Conchido e outras ao longo do tempo. No ano 1995 abriuse unha pista que o atravesou de norte a sur e removeuse moita terra con máquinas escavadoras que arrasaron murallas interiores e exteriores, estruturas de habitación e espazos comunais. Con estas accións tamén se alterou a estratigrafía o que dificultaría o estudo da súa cronoloxía e o grao de romanización.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 15062001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cando se venderon uns terrenos onde estaba asentado o castro , o dono deles puso unha condición. Como se sospeitaba que había unha galiña de oro que saía de vez en cando, o dono dos terreos fixo notar no contrato o seguinte : el vendería os terreos pero se aparecía a galiña nas escavacións, a galiña era del, e así o quiso deixar plasmado, non se sabe se por escrito.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085.
Agrafoxo Pérez, Xerardo. A cultura Castrexa nos concellos de Outes, Muros e Canota. Cadernos Cruceiro do Rego nº5. Publicacións Sementeira . Noia 1991. ISBN 84-404-8580-8

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA002.pdf
pax 1


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.838213063
Lonxitude: -8.89903306961
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84