
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Lamiño
Outra denominación do ben: Castro de Castrigo
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Consta dun recinto fortificado circular defendico por fortes terrapléns que chegan a acadar os 12 metros de altura con respecto ao chan da croa. Pola zona sur, estes chegan a acadar os 25 metros de desnivel máximo. Polo este e sur a croa deféndese cun parapeto dun metro de altura que é perfectamente visible a pesar de que presenta partes bastante esmorecidas. As medidas son 80 m. norte-sur e 85 m. Ten un recinto no cume da croa duns 23 m. como podemos apreciar na imaxe quitada dos planos de pendentes do ano 2009 do Sitga (Xunta de Galicia).
Foi a primeira acrópole castrexa de Brión en ser estudiada con rigor científica no século XX. No 1923 o Seminario de Estudios Galegos publicou no “Cuadernos de Estudios Gallegos” un amplo estudio derivado dos traballos que se realizaron no xacemento, fundamentalmente Bouza Brey. Apareceron restos de cerámica e un machado de bronce, actualmente desaparecido. Os membros do seminario creron que este tipo de recintos castramentados situados a baixa altura, puderon xeralizarse durante a romanización (do I ao IV dC).
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15013005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
O hábitat castrexo no Val de Barcala., Amaía e o Val Do Dubra. Xerardo Agrafoxo Pérez.
Graficas Sementeira, S.A.-Noia, I.S.B.N.:84-87848-02-8, D.L.:C-330_92
O Seminario Estudos Galegos. Cuadernos de Estudios Gallegos 1923
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA002.pdf
páxina 15
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O do 2010 un incencio deixou á vista unha cata ilegal, que os autores non se molestaron en tapar e ademáis deixaron anacos de cerámica moi pequenos enriba das pedras do muro dun recinto habitacional. Eso permitiume ver o bo estado dos muros enterrados. O expolio foi denunciado ante a Policía Autonómica e Local.
Onde está localizado
Latitude: 42.8652703178Lonxitude: -8.66735458374
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
adela suma says:
Xuñ 9, 2011
A ficha nº 30 do Catálogo do PXOM de Brión (2003) recolle este castro; enlace ao pdf:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA002.pdf
elixiovieites says:
Xuñ 9, 2011
Moitas grazas. Os PXOM son unha boa fonte de información, e o de Brión está bastante ben.
Xa o estiven mirando antes do artigo, e sería unha boa proposta que empezando por aí ,a xente
mire o do seu concello e catalogue os Bens de Interese Cultural que existan. Por internet e
doado se a xente vai a esa páxina
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/
Estrella says:
Set 21, 2012
Eu mesmo denunciei o tema da cata ilegal e fun con dous policías autonómicos ó lugar en cuestión. A día de hoxe, segue sen tapar… Pero, efectivamente, pódese facer un á idea do que pode haber enterrado nun castro no que, a primeira vista, dá a sensación de que desapareceu todo vestixio.