Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Noia
Parroquia: Obre (Santa María)
Lugar: Campo de Noia, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A arquitectura ecléctica fai a súa aparición en Noia a principios do século XX, en forma de neobarroco . No caso que podíamos denominar como verdadeiro “revival rococó” está a Casa de Caamaño coa súa densa e abundante decoración. Destaca nesta obra o traballo de pedra sobre pilastras, cornixas, linteis e entaboamentos. Os dous balcóns de forxado que están a cada lado do central apóianse en ménsulas curvadas e catro pilastras adosadas, profusamente decoradas con motivos vexetais, dividen a fachada en tres corpos. Remata a parte superior con cornixa, un pequeno frontón no corpo central e catro pináculos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(pax. 15 de 20)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7789367471Lonxitude: -8.89218539
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xabier says:
Abr 19, 2012
Fermosísima vivenda, peche de ferro e o entorno da ría de Noia.