Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...), Institucións políticas (concellos...), Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Casco Vello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O edificio, con fachadas a dúas prazas, ocupa o solar dunha casa consistorial máis antiga que ardeu en 1851. As obras comezaron a finais de 1860 e remataron en xuño de 1862 baixo os planos do arquitecto Jose María Ortiz y Sánchez.
As fachadas incorporan un eclecticismo inicial de formulación austera e sobria, que combina con contención elementos da tradición clasicista, sen lograr liberarse totalmente da norma académica. En cada planta mantén un mesmo esquema compositivo con zócolo, pilastras e falso entaboamento, aínda que coa ornamentación se diferenza cada planta, en especial a primeira que acolle o balcón da alcaldía.
O inmoble é hoxe sede da “Casa Galega da Cultura” e da “Fundación Penzol”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=02.b+-+Puerta+del+Sol&index=4


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.238391452029
Lonxitude: -8.7257838249207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84