Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Mariña Central (comarca) / Mondoñedo
Parroquia: Os Remedios
Lugar: Zoñán, Os Pardos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Capela da Virxe do Camiño é unha pequena construción de cachotería enlucida de planta lonxitudinal e cuberta a dúas augas. A edificación relixiosa ten unhas dimensións de 6,10 metros de ancho, unha lonxitude de 10,80 metros e unha altura máxima ata o bordo do tellado de 3,10 metros. Na súa pequena espadana, situada na fachada principal, posúe unha campá fundida no ano 1.867 por Antonio Blanco Palacios “campaneiro” do Campo dos Remedios de Mondoñedo.
Eduardo Lence Santar recolle que en 1635, ante un escribán, o clérigo e reitor Diego Pardo de Paz deixa dito nunha cláusula do seu testamento que o seu sobriño homónimo fixera unha capela da advocación da Nosa Señora do Camiño na aldea de Zoñán. Posteriormente sinala que “Diego Pardo ha hecho la capilla con su imagen y le ha costado más de 2.000 reales”.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Conta Lence Santar na súa Etnografía Mindoniense:
“En Zoñán, parroquia d´os Remedios de Mondoñedo, inda ben non ventan que vai tronar, tocan a campa d´a comida de Nosa Señora, poñen a vela d´a Candeloria acesa, y-un santo Cristo, n-unha ventá, e botan fora os atavios d´o forno,que son a pa, o rodo y-o basalladoiro; e rezan esta y outras oraciós:
Santa Bárbara Bendita/Que no ceyo estás escrita:/Gard´o pan, gard´o viño,/Gard´a a xente do perigo”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LENCE SANTAR, Eduardo: “El Convento de Villaoriente”. P. 113 – 115.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4280961Lonxitude: -7.3628505
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84