Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Negreira
Parroquia: Xallas (San Pedro)
Lugar: Forniños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A capela de San Xoán do Carballoso atópase nun apartado lugar da parroquia de Xallas cunha fermosa vista aos grandes canóns que fai a confluencia do rego de Xallas co Tambre e cerca do Castelo de Insua (ou Xallas) no concello de Outes . Ten unha carballeira ao seu lado de árbores centenarias e con afloramentos de penedos graníticos . Consta dunha soa nave con sancristía nun lateral. Tellado a dúas augas e muros feitos de cachote con pezas de perpiaños nas esquinas e cunha fachada moi sinxela. Nesta está a porta principal sen ningún tipo de adorno, e enriba unha pequena ventá. Remata o cume cunha cruz. Ten un pousadoiro ao lado dereito da porta con un pequeno espazo lousado de pedra aos seus pés, e tres chanzos para acceder ao templo. O recinto da ermida está rodeada dun groso muro que delimita e resalta o espazo onde se levanta. Cerca da igrexa hai unha fonte milagreira onde os romeiros poñen pequenos anacos de roupa ou panos pendurados das árbores e déixanos quedar alí. Tamén conta cun fermoso palco octogonal de pedra enriba dun penedo para colocar aos músicos no día que se celebra a súa romería.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NEGREIRA/documents/0245CA003.pdf (pp.26 de 26)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8561476844
Lonxitude: -8.84179472923
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84