Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Negreira
Parroquia: Xallas (San Pedro)
Lugar: Forniños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A fonte consta dun corpo principal que está feito cun pequeno muro de cadeirado de granito cunha fornela no centro . Por debaixo deste muro xorde, polo centro, un pequeno rego de auga por unha canle labrada nunha peza de granito que é parte dunha fila de pedras que fan as veces de asentos ou pousadoiro, conformando un espazo cadrado arredor da fonte e afundido do entorno. A data de construción 1771, está gravada xunto á fornela. Nesta fonte os romeiros que van a San Xoán deixan os seu panos despois de lavarse con eles distintas partes do corpo , especialmente aquelas que teñen verrugas, para o cal o santo demostra máis eficacia segundo a crenza popular.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

web
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/11/21/escocia-galicia/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.85632857725194
Lonxitude: -8.841118812561035
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84