
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Bronce,
Descrición:
O conxunto de petróglifos atópase nun abrigo rochoso orientado cara ao norte, sobre o monte das Chans, a pouca distancia do Convento de Louro. Composto por varias ducias de formas “cruciformes” de diferentes técnicas executivas, hainas de trazo ancho e profundo e outras máis superficiais. Ademais, varias delas terminan en cazoletas e outras parecen “arboriformes” estando a maior parte no abrigo creado pola rocha, mais nos lados exteriores tamén se constata a presenza de varias.
Pepa Rey e Eiroa apuntan que parte delas poden pertencer a algunha etapa da Idade de Bronce e que poderían corresponderse con imaxes antropomorfas de idoliformes, mais non a totalidade do conxunto, pois moitas das cruces poderían corresponderse con algún momento da Idade Media no que os signos cruciformes foron empregados como signos de demarcación territorial.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15053021
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA004.pdf
(páxina 7-8)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7655240762Lonxitude: -9.07354402516
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84