
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Santa María de Pastoriza
Lugar: Pastoriza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pastoriza foi anteriormente un templo románico. A construción do actual santuario iniciouse no século XVII, incorporando á fachada unha portada-retablo.
Aínda que as intervencións máis salientabeis realizadas na igrexa datan do século XVII, no seu interior atopamos elementos que nos permiten falar dunha orixe anterior, en torno ó século XII-XIII, e incluso máis remota. Santuario de grande devoción, celebra no outono unha popular romaría en honra á Virxe. Dende o punto de vista arquitectónico o templo conta dunha soa nave con dúas capelas pegadas nos seus laterais. A fachada estructúrase en tres corpos independentes que rematan nun campanario, estando toda ela ornamentada con motivos clásicos. No seu interior, o altar maior, consta dun retablo barroco con columnas salomónicas decorado con motivos vexetais.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Oleiros e Sada”, Vol. I, Deputación Provincial da Coruña,1995.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3351671567243Lonxitude: -8.467862606048584
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 12, 2019
A tradición di que a imaxe da Virxe perteneu ao rei suevo Requiario, considerado o primeiro monarca católico dun reino xermánico.
A imaxe estaría nunha primitiva igrexa e foi agachada no monte para protexela das invasións normandas e dos sarracenos.
Máis info:
http://cronicasdearteixo.blogspot.com/p/blog-page_7.html