
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Arteixo
Parroquia: Santa María de Pastoriza
Lugar: Pastoriza- Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dunha fonte de cabaliño na que a parede fronteira adquire un carácter monumental, dado neste caso polo seu gran tamaño. Atópase medio soterrada, accedéndose a ela por medio dunhas escaleiras de cantería de dobre rampla, once pola dereita nun só tramo e outras once pola esquerda en dous tramos, que contribúen a darlle prestancia. Actualmente ten un cano de saída de auga aínda que noutros tempos tivo dous.
Nun grande rectángulo central, lixeiramente resaltado, atópase descentrada, unha fornela coa imaxe pétrea da Virxe co Neno, protexida por unha reixa. É un peto de ánimas, onde se lle pide á Virxe por estas, xa que ten o privilexio de rescatalas do Purgatorio.
Remátase o conxunto cun frontón refundido sobre cornixa moldurada. Dous pináculos nas beiras enmarcan unha cruz de pedra. No frontón hai unha inscrición que di,”BENEDICITE FONTES DOMINO”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Vol. I, Deputación Provincial da Coruña, 1995.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.33534664010782Lonxitude: -8.468179106712341
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




