
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Santa María de Pastoriza
Lugar: Pastoriza, adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma octogonal e cinco chanzos sen pedestal cunha mesa separada dos chanzos. O varal é octogonal con adornos nos chafráns. O capitel é cadrangular moldurado. A súa cruz é rectangular con pedestal e brazos ornamentados rematados con frores. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas, inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. No pedestal da cruz ten unha caveira ós pés de Cristo coa Virxe e San Xoán. Polo reverso fica a Inmaculada cos dedos das mans entrelazados e coa lúa ós seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.33519251853893Lonxitude: -8.468208611011505
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 21, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150051101.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.