Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ponteambia (Sta María)
Lugar: Preto da Ponte da Pedra
Outra denominación do ben: O muiño da Ponte da Pedra
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Tanto Pepe como Pepita, non se imaxinaban que o seu alcume “Piepitos” chegara tan lonxe no tempo.

A invención das maquinarias para a moenda de cereais foi unha das conquistas tecnolóxicas máis significativas na historia do ser humano. Inicialmente comezouse con máquinas movidas a man, logo aproveitouse o traballo físico dos animais, e posteriormente foi substituído pola enerxía da auga ou do vento.

A nosa zona xeográfica, aproveitando o paso do Arnoia e os diversos regueiros que a el van a dar, era bastante rica neste tipo de industria transformadora, e practicamente un dos únicos negocios existentes, aparte dos arrieiros, carreteiros e pouco mais.

Os descendentes dos “Piepitos”, que xa tiñan algún negocio, ávidos de amplialos, fixáronse neste muíño, que estaba medio estragado. Finalmente mércano, e o dia 1 de abril de 1939 entréganlles as chaves, comezando un arduo traballo de restauración, póndolle trabes novas e tendo que facer as rodas pois as anteriores estragáranse. As pedras do pé do millo trouxéronas do monte Cubreiro. As do pan ou centeo, mais finas, viñeron da zona de Vilar de Barrio, en carros de bois. As moas superiores de pedra branca foron mercadas en Francia.

Como na familia non se tiña a experiencia necesaria, botouse mao de algún profesional da época, como o señor Domingos do Pazo e o señor Matulete da Esperela.

O bisavó Antonio foi deixando as cousas en maos dos seus fillos, sendo Xosé o novo “Piepito”, o que se foi quedando con el comprando a parte dos irmaos. Pero a seguinte xeración viña puxando con forza e Manolo, que era moi emprendedor e decidido, dedicouse de pleno a este cometido, e aínda sendo moi novo, conseguiu afianzarse a fronte do muíño, conseguindo unha gran clientela e chegando a moer dia e noite.

Despois da mili, tiña xa novos horizontes, polo que foi pondo ao tanto a súa irmá Benita e a o seu irmao Gerardo, sendo este quen, pola marcha dos seus irmaos Manolo e Arturo, pasaría a herdar o sobrenome da familia.

O muíño por herdanza, pasaría a maos de Benita á quen mais tarde llo compraría Manolo, que xa andaba polo Brasil, sendo Gerardo quen o atendería finalmente ata o peche definitivo cando deixou de ser xa un negocio rendible, pondo sempre en practica a súa habilidade para mellorar os diversos mecanismos.

Buscouse unha solución alternativa para evitar o seu deterioro, xa que cada dia que pasaba mais precisaba un mantemento para que non se caera. Nesta época, anos 90, era xa o seu irmao Arturo o que se afanaba en buscar unha saída digna para este muíño, que tanto traballo dera aos seus devanceiros para polo a funcionar.

Despois de petar nas portas de políticos e institucións, incluso coa finalidade de cedelo ao concello para a súa restauración e aproveitamento, e dadas tantas negativas como intentos, para non sufrir mais vendo que se podía vir abaixo, decidiuse a vendelo ou case regalalo, xa que os herdeiros de Manolo non podían facerse cargo.

O destino fixo que este pasase as maos de alguén, que ao non ser da familia, non lle ten o cariño necesario nen o respeto polo traballo dos nosos antepasados(Foto-2), destruíndo totalmente a alma de este ben ao que todos deberamos honrar, en lembranza ao traballiño e sufrimento que outros pasaron pra mantelo en pé, este símbolo da bisbarra, o chamado Muíño da Ponte da Pedra, o muíño do “Piepito”.

Este muíño tiña 4 rodas para a moenda, 2 para o millo e outras 2 para o “pan” centeo, trigo ou cebada. Ademáis tamén dispoñía dunha peneira mecánica para separar a fariña dos farelos que podía ser accionada mecánica ou manualmente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.panoramio.com/photo/32487249?tag=mui%C3%B1os
http://www.panoramio.com/photo/15994159
http://www.panoramio.com/photo/64733787
http://www.panoramio.com/photo/64733748
http://www.panoramio.com/photo/64733811
http://www.panoramio.com/photo/64733716
http://www.alltravels.com/spain/galicia/almoite/photos/current-photo-15994159


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Deixou de ser un muiño, xa que tiraron todo solo deixaron parte dos muros exteriores.
Todo o que o facia un muiño, rodas, peneira, tornos, rodicios, comportas etc, foron parar o rio.


Onde está localizado

Latitude: 42.22253097970999
Lonxitude: -7.71666705608367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84