Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Carnota
Parroquia: O Pindo
Lugar:
Outra denominación do ben: Castelo do Pedrullo ou Casteliño
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
No século X Sisnando (bispo de Iria Flavia) ordenou a construción do Castelo de San Xurxo nas beiras do monte, para protexer estas terras dos continuos ataques dos piratas medievais. Diversas familias nobres de Galiza habitárono ata que o castelo foi destruido no ano 1467 nas Revoltas Irmandiñas. Dise que fai cincuenta anos aínda se podían ver parte dos seus muros, desfeitos polos buscadores de tesouros.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8800642056Lonxitude: -9.12508964539
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
adela suma says:
Xuñ 10, 2011
O Castelo de San Xurxo ten protección integral segundo o especificado no planeamento vixente en Carnota, isto é, as N.S.P. (08/06/1996); enlace ao Catálogo das Normas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf
adela suma says:
Xuñ 10, 2011
Estupenda foto!
Ulmo de Arxila says:
Xuñ 10, 2011
Magnífica foto! Queria achegar umha referência bibliográfica de utilidade:
Barreiro Barral, J. (1970): “Notas arqueológicas e históricas de los montes de El Pindo”,Compostellanum, T. XV, nº 4, pp. 635-643.
regueifeiro says:
Xuñ 10, 2011
Obrigado, Ulmo e Adela. Non coñecía ese libro de Barreiro Barral, o que si lin é un posterior que aínda que descatalogado é sinxelo de atopar escaneado en pdf pola Rede vía google:
“Los montes del Pindo, Olimpo Celta y Desierto de piedra”
AUTOR: José Manuel Barreiro Barral
EDITORIAL: Diputación provincial de A Coruña
ANO: 1986 ISBN: 84-860-4020-5 ESTADO: Descatalogado
Manuel Gago says:
Xuñ 11, 2011
Ollo, que creo a inscrición aludida non está aí. Está noutro monte do macizo do Pindo, Penafiel. Teño que ir ao Pindo nestes meses, a ver se a atopo, a xeolocalizo e a publicamos aquí para que quede fixada a ubicación.
Xose Troiano says:
Out 5, 2011
A segunda parte na que falas da inscrición e como ben escribe Manuel Gago, non está neste castelo, a inscrición pertence ó Castelo de Penafiel. Estaría ben que rescribiras o texto, por favor non me entendas mal, non hai mala intencion todo o contrario.
Manuel Rial says:
Xan 13, 2012
Asina a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural!
http://actuable.es/peticiones/a-prol-da-declaracion-do-monte-pindo-como-parque-natural