
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Teo
Parroquia: Reis (San Cristovo)
Lugar: Xermeade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A burga de Xermeade atópase a carón do río Ulla, moi preto de Pontevea. Segundo contan as xentes do lugar, un crego coñecedor das propiedades das augas mandou construír unha casa de baños, hoxe en ruínas, e unha piscina para favorecer aos pobres e axudarlles cas súas enfermidades.
Despois da morte do cura xurdiron novos problemas coa burga, coma as intencións dunha familia de privatizala, a instalación dun oleoduto,…. máis a presión dos veciños fixo que se conservara intacta ata os días actuais que se atopa perfectamente reformada e acondicionada.
As súas augas teñen alto contido de sulfuros, cloruros e sodio, e son recomendables para afeccións na pel, ollos, reumáticas e como bebida para as dores do fígado. Saen a unha temperatura de 15ºC, máis o seu caudal e moi escaso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.753712735145704Lonxitude: -8.544268012046814
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(7 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 17, 2025
A Burga de Xermade na prensa dixital do mes de agosto de 2025:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2025/08/17/recuerdo-gloriosos-tiempos-pasados-burga-xermeade/0003_202508S17C6993.htm