Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: O Valadouro
Parroquia: San Tomé de Recaré (San Tomé)
Lugar: O Curro - San Tomé
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Esta anta atópase a carón do curro de San Tomé, onde se fai unha famosa rapa das bestas. Está formado por catro esteos e mide 1,50 metros. Conserva a súa pedra cobertoira e salvo o interior do mesmo o resto está completamente cuberto. A súa mámoa tamén está en moi bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://dolmentierraviva.blogspot.com.es/2011/06/dolmen-de-santo-tome-valadouro-lugo.html
Dolmenes de Galicia – Ramón Boga Moscoso
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.53617496712007Lonxitude: -7.487139701843262
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xose Troiano says:
Abr 29, 2013
Fixen a ficha desta anta sen darme de conta de que xa estaba, deixóche o que fixen como complemento:
Sitúase no contorno do Curro de San Tomé. A uns 6,8 Km da vila de Ferreira. Actualmente a súa localización está ben indicada con carteis de madeira.
É unha zona moi rica en xacementos, algúns expertos que dataron algunhas das arcas existentes no Valadouro, por exemplo a do Padorno en San Tomé, como da Idade do Bronce Antigo (1800-1500 a. C., aproximadamente). É o tan coñecido Dolmen de San Tomé, do Chao do Padorno ou Mámoa do Curro. Chamada tamén O Caselo de Couso, por estar situada no Cortello de Couso. A tumba megalítica mellor conservada do Valadouro. Para uns arqueólogos é unha anta de corredor incipiente (R. BOGA MOSCOSO, 1997). Outros defínena como unha cista (ANTON FERNÁNDEZ MALDE, 24-12-1998) que conserva boa parte da súa cámara funeraria.
A mámoa na que se insire ó túmulo está composta de moitas pedras que cobren a súa superficie. No seu contorno pódense observar unhas importantes acumulacións de terra e pedras, que deben proceder da carcasa ou coiraza pétrea que protexía este tipo de construccións acadando unhas medidas duns 20 metros na dirección Noroeste-Surleste por uns 15 metros na liña Nordés-Suroeste. Pola parte Norte-Nordés, o túmulo semella que segue, mais ten unha frondosa capa de vexetación autóctona que non nos permite ollar ata onde segue. Un valado de pedra que hai no lugar, semellan ser en boa parte, da coiraza da mámoa.
A anta debería estar totalmente cuberta en condicións normais pola masa tumular pero a violación deste fainos vela deste xeito. Nela atopáronse vinte fragmentos de cerámica lisa e unha lasca de cuarzo (de adscrición cultural indeterminada).
Trátase dunha cámara de pequenas dimensións con forma rectangular cunhas medidas de 2,30 m. X 1 m. X 1,50 metros. Está formada por catro esteos que son os que lle dan forma a cámara, tapada cunha pedra cobertoira en forma de pequena elevación artificial do terreo. O material da cámara é pizarra anfibolítica.
Pode ollarse ou polo menos intúese a existencia dun corredor.
Código no Catálogo da Xunta:GA-27063002
Referencias bibliográficas:
http://www.valadouro.org/es/historia/arqu_pop.php
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OVALADOURO/documents/0699CA003.pdf (pax.59).
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/