Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Veiga
Parroquia: Ponte, A. (Santa María Madalena)
Lugar: Ponte, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Na Aldea da Ponte (A Veiga), podemos ver no muro dunha casa, altos e baixo-relevos gravados nas pedras que o conforman. A presenza dos motivos están repartidos sen gardar unha orde aparente . Algunhas opinións apuntan a que as pedras foron aproveitadas doutro edificio, que podería ser unha antiga ermida ou igrexa de época altomedieval. Entre as figuras que podemos ver destacan as figuras de dous homes a cabalo e tamén outras nas que se ven animais, posiblemente procedentes dunha escena de caza. A máis interesante sería unha pedra que ten gravada un Sol coa Lúa en crecente enriba, e ao lado unha vieira, por ter uns trazos que parecen dos máis antigos. Outras ben curiosas son as figuras dun cervo e as letras ao lado dunha cruz que están nas pedras que forman a ventá, xunto a un trazos verticais que parecen enmarcalas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://rioxares.blogspot.com.es/2009/07/casa-dos-baqueiros.html
http://www.celtiberia.net/verrespuesta.asp?idp=6155
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/12/17/a-veiga-un-puzzle-historico-nas-fachadas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2498483916974
Lonxitude: -6.890648603439331
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84