
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Noia
Parroquia: Barro (Santa Cristina)
Lugar: Barquiña, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro atópase na punta da Barquiña, un lugar situado na desembocadura do río Tambre na ría de Noia e Muros, e que fai un estreitamento entre as dúas marxes. Aproveitado noutras épocas para atravesar en barco á outra marxe do Concello de Outes, chamado tamén co mesmo nome. Do recinto consérvase parte do muro que o rodeaba, pero o seu interior foi moi alterado polas labores agrícolas. Algúns datos afirman a que se atopou un muíño de man no seu interior e restos de cerámica. Está documentado o achado de diverso material da época romana entre o que sobresae unha estela funeraria que se conserva no museo da catedral de Santiago. As informacións apuntan a que ten unha incripción e o debuxo dunha cara, dificil de apreciar, enriba das letras. A parte de arriba da estela estaría moi danada o que impidiría apreciar a súa forma orixinal.
Este castro xunto co asentamento aparecido en Taramancos, serían os poboados, ata o momento, máis antigos de Noia que estarían ao lado do mar, e formarían un grupo de asentamentos xunto co de Sobreviñas que está un pouco cara o interior, no monte que está enriba da Pena do Ouro e as Eiras do Castro en Berrimes, facendo límite co concello de Lousame.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.PDF
(pax. 13 de 20)
http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
398 de 424 do pdf.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/10/16/barquina-pasado-romano/0003_201510B16C8993.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8025013782Lonxitude: -8.90056729317
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84




620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Out 17, 2015
Referencia deste castro na prensa escrita do 16 de outubro de 2015:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/10/16/barquina-pasado-romano/0003_201510B16C8993.htm
elixiovieites says:
Out 17, 2015
Grazas pola información Oscar. Aquí a ficha do Castro da Barquiña no
catálogo do novo PXOM do Concello de Noia. Paxina 398 de 424 do pdf.
http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf