
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular, Obradoiro artesanal tradicional, Fábrica,
Concello: Quiroga / Quiroga (comarca)
Parroquia: Quiroga
Lugar: Vilarmiel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Ferrería de Rugando foi, como o seu nome indica, unha industría de tranformación do ferro.
A Ferrería de Rugando foi fundada polos monxes do Mosteiro de Samos, posiblemente no século XVI. O mineral que se fundía era extraído do monte Formigueiros, na Serra do Courel, e traído en carros tirados por bois. Só se traballaba seis meses ó ano por falla de auga, pero aínda así parece ser que producía beneficios ao Mosteiro.
No ano 1839 foi vendida a particulares. Traballou durante todo o século XIX e, de maneira intermitente, ata 1925, sendo unha das últimas da provincia en deixar de fundir.
Da fábrica non queda case nada, só os restos do banzado, na estrada.
O último ferreiro tivo un tráxico final pois foi obxecto dun roubo por parte de algúns dos seus propios empregados e, na tortura a que foi sometido para que lles entregase o diñeiro, acabou falecendo. O herdeiro vendeu a ferrería e emigrou a Cuba. A mercarían, sucesivamente, dúas familias da zona, que vivirían do campo e do muíño.
Durante os séculos XVIII e XIX desenvolveuse en toda a provincia de Lugo unha importante industria siderúrxica que daba ocupación a un bo nímero de persoas contando os diferentes oficios relacionados on ela.
As ferrerías estaban xunto aos ríos pois aproveitaban a forza hidráulica para o su funcionamento. Por iso, case sempre se trataba dunha actividade estacional, condicionada polo caudal da auga.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“La producción tradicional del hierro en Galicia. Las grandes herrerías de la provincia de Lugo”, de Clodio González Pérez.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.484986928269Lonxitude: -7.153998613357544
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




