Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dumbría
Parroquia: Buxantes (San Pedro)
Lugar: Figueroa, Ermida das Neves
Outra denominación do ben: Cruceiro Xordo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Este cruceiro anteriormente coñecido como Cruceiro Xordo foi trasladado á Fonte Santa.É de tipo de Crucifixo con plataforma cadrangular dun chanzo e pedestal cadrangular con símbolos da Paixón: Tibias, abellas e caveiras. O varal que empeza cadrado ata o primeiro terzo, segue circular disminuíndo a súa sección ata chegar o capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso, rematando en cadrado con follas de “camelia”. A súa cruz octogonal con brazos con mediacana e remates de forma resarcelada. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza fica anoado á esquerda. Polo reverso da cruz está a Inmaculada coroada e co Neno Xesús no colo, coa lúa ós seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación debido a grande erosión que ten.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-GARCIA QUINTANS, M.: “El ayuntamiento de Dumbría, Historia, tradiciones y costumbres”. Deputación Provincial da Coruña. 2008.
-MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”, Vol. II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.97997833725514Lonxitude: -9.12740170955658
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
candepalleiro says:
Abr 18, 2012
Se non me erro, por eiquí pasa o Camiño de Santiago Fisterra
Xose Troiano says:
Abr 19, 2012
Pois non estás errado, por eiquí pasa o Camiño de Santiago a Fisterra onde ademáis do cruceiro hai unha belísima capela.
Oscar Franco says:
Set 3, 2024
Engado as seguintes referencias web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1503403.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/dumbria/2024/07/22/cruceiro-sordo-buxantes/0003_202407C22C6993.htm
e a seguinte referencia bibliográfica:
VILAR ÁLVAREZ, Manuel. (2015). Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte. II. Comarca de Fisterra e concellos de Mazaricos e Carnota. Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte.