
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Quiroga / Quiroga (comarca)
Parroquia: O Hospital (San Salvador)
Lugar: Carballedo
Outra denominación do ben: Casa da Condesa
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pazo da Encomenda, reconstruído no 1843 pola familia Flórez de Losada, é hoxe propiedade da familia Taboada Varela. Neste edificio é de salientar a coidada adega e a pedra de armas “cuartelada” por unha árbore e estacas, un lobo sobre ondas, un dado con lis e unha serea e, no último cuartel, un castelo de tres homenaxes.
En San Salvador do Hospital existíu desde o ano 1275 un centro de acollida e descanso de peregrinos xacobeos (denominados “hospitais”) do chamado” camiño do inverno”, un camiño máis de entrada a Galicia cara a Santiago de Compostela. Deste albergue, coñecido como Casa Santa ou Hospital, non se conserva ningún resto. Estaba rexentado polos Cabaleiros da Orde Hospitalaria e Militar de San Xoán de Xerusalén, que despois dun tempo converteuse en Encomenda, abranguendo os terreos de catro partidos: Lor, San Martín, Bendollo e Hospital.
Esta orde de cabaleiros tamén dispoñía da Casa da Encomenda ou Casa da Condesa, un agregado de edificios hoxe desaparecidos. Chegado o ano 1835, e con él a desamortización de Mendizábal, case tódolos bens da Encomenda de Quiroga foron expropiados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/QUIROGA/documents/28160ca011.pdf (ficha AC-127 // páxina 13)
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/conjunto-historico-de-o-hospital-de-quiroga/
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2017/08/conxunto-de-salvador-do-hospital-quiroga.html
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.472856615622Lonxitude: -7.2444802522659
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
franjopadin says:
Abr 15, 2012
Nas Normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Quiroga non hai un catálogo de elementos a conservar, que se deixa a un desenvolvemento posterior da normativa. Porén, nas Normas Subsidiarias da Provincia de Lugo aparece refeenciada a Casa da Encomenda.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf