Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribas de Sil
Parroquia: San Martiño de Peites
Lugar: Peites
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa, do século XVII, sufríu importantes modificacións ao longo da súa historia, e actualmente ten o seu enclave entre varias edificacións da vila. Consta de nave de planta rectangular con cuberta a dúas augas de lousa, e muros exteriores de mampostería. Aos pés, espadaina de dous corpos con dous vans na parte inferior e un na superior.

Na parte superior da porta existe un altorrelevo en pedra policromada que representa a San Martiño repartindo a capa cun pobre.

Na súa fachada destaca un peculiar reloxo de madeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O seu retablo maior segue o estilo renacentista, e data do primeiro terzo do século XVII. O templete expositor amosa unha imaxe diminuta do Pai Eterno, obra dun veciño das Ermitas, do segundo terzo do século XVIII. O frontal ofrece unha escena do bispo de Tours cun mendigo, da segunda metade do século XVIII. Outras obras en madeira, de aproximadamente a mesma época, completan un interesante conxunto artístico.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/RIBASDESIL/documents/26715CA007.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.40169506145607
Lonxitude: -7.228655219078064
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84