Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribas de Sil
Parroquia: Santa María de Torbeo
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Pertencente ao antigo priorato dos frades de San Bieito, de transición do románico rural galego ao oxival, data de finais do século XII ou comezos do XIII. Posiblemente pertencera ao mosteiro de San Pedro de Torbeo.
Conserva a planta primitiva dunha soa nave con pequenas adicións, como a Sancristía, con bóveda de crucería no muro Sur e ménsulas no Norte, do século XVI, ou as dúas capelas laterais, do XVIII, moi reducidas, que pretenden darlle aspecto cruciforme.
Posúe unha ábsida semicircular e unha fachada principal con espadana central de dúas alturas con vans con arcos de medio punto.
Posuía unhas pinturas murais que desapareceron nun incendio en 1936.
A igrexa foi posteriormente restaurada no ano 1945.
É interesante a proporción e harmonía do conxunto; destacan a fina labra e a orixinalidade temática dos capiteis historiados no arco trunfal e zoomorfos no exterior e a bóveda de cascarón da ábsida.
No interior destaca o arco apuntado que da aceso ao presbiterio, decorado cunha moldura axedrezada.
O arco menor descansasobre capiteis con decoración figurada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000021182
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa se garda unha pía bautismal de grandes dimensións (120 centímetros de diámetro e un peso de 800 kilos) tallada en pedra granítica, supostamente para practicar o rito do bautismo por inmersión. Posúe unha inscrición e varios elementos decorativos xeométricos e un pez, posiblemento un salmón.
Os estudos realizados datan esta peza na última parte do século XII.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/RIBASDESIL/documents/26715CA007.pdf
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.torbeo.com/2006/11/iglesia-de-santa-mara-de-torbeo.html
https://turismo.ribeirasacra.org/es/iglesia-de-santa-maria-de-torbeo
http://www.xoanarcodavella.com/2018/05/iglesia-de-santa-maria-de-torbeo-ribas.html
https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/torbeo-testigo-bautismo-inmersion/201901102048041353462.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4418436054Lonxitude: -7.37788796425
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
franjopadin says:
Abr 15, 2012
A Igrexa de Santa María de Torbeoestá catalogada no PXOM de Ribas de Sil, (ficha A-11) e conta co grao de protección integral.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/RIBASDESIL/documents/26715CA007.pdf