Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: Loureiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela do Carme atópase cerca da entrada do adro da Igrexa parroquial de San Tirso de Cando, no ángulo noroeste e ao lado do campanario que está illado da igrexa. Foi construída entre os anos 1767 e 68 polo arquitecto Manuel Varela ao mesmo tempo que o adro. No libro do Patrimonio de Outes , Mariño Reino infórmanos que “o párroco Fernando Antonio Carreira y Gaioso puxo 2.162 reás, cos que se pagou a capela, que custou 1.200 reás, o cal e o altar do interior, sobrando aínda algúns cartos cos que contribuíu as obras do adro”.
Ten nave trapezoidal, sendo máis ancha na fachada que na cabeceira, cunha porta alintelada á que se accede por tres chanzos. Fachada lisa de cachotería de pezas bastante regulares e rematada cunha espadana para a campá. Cuberta a dúas augas con tella do país sobre bóveda de canón. Ten unha pequena ventá sobre a porta e outra polo oeste. Ten un reloxo de Sol no ángulo suroeste e na espadana non hai campá.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085. (pax. 55)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA012.pdf
(pax. 2 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8327942887
Lonxitude: -8.86422872543
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84