
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outes
Parroquia: Outes (San Pedro)
Lugar: Outes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A antiga igrexa de San pedro de Outes foi ampliada para acoller a poboación da parroquia que fora a máis. O arcebispo de Santiago, D. Luís de Salcedo y Azcona no 1720 en visita pastoral deu instrucións para que fose ampliada, pero as obras non comezaron ata 1758. Foi tamén reformada no 1906. Ten planta de cruz latina con sancristía acaroada á capela maior polo lado norte. Testeiro recto e os espazos son todos rectangulares menos o interior da torre que é circular. A fachada é case totalmente lisa e moi escasa de decoración, exceptuando a moldura da porta que forma orelleiras rectangulares nas esquinas e unha fornela sobre a porta, cuberta cunha pequena bóveda de cascarón con forma de vieira, franqueada por dúas pilastras refundidas. Remata a fachada en ángulo cunha cruz e un pináculo á dereita. As paredes son de cadeirado irregular e os vans de iluminación son reducidos. As ventás máis grandes van no presbiterio e outra a cada lado do cruceiro. Á esquerda da fachada ten unha torre cadrada de primeiro corpo liso e cunha robusta moldura que o separa do seguinte, onde se ven arcos de medio punto con pilastras lisas e unha balaustrada na parte inferior. O terceiro corpo ten balcóns abalaustrados e pequenos pináculos nas esquinas con remate de bólas. Remata a torre con corpo rodeado por oito pequenos pináculos pareados e cuberto cunha cupuliña.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA013.pdf
(pax. 5 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8503195036Lonxitude: -8.92756104469
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




