
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: Bocadroña
Outra denominación do ben: Cruceiro do Monte
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situado ao pé da estrada que leva da Ponte Nafonso a Negreira e nun cruce que leva a Cando por un lado e a Igrexa parroquial polo outro. Denominado Cruceiro do Monte nos libros parroquias, ten plataforma formado por catro chanzos de base cadrada, o primeiro foi enterrado pola construción dunha pista na súa parte posterior. A todos eles lle sobresae a aresta superior. Ten unha mesa de pedra na parte dianteira para pousar os cadaleitos camiño do cemiterio. Base prismática sobre a que descansa un fuste estilizado que comeza cadrado e vólvese octogonal. Remata nun capitel decorado con figuras de anxos volutas e follas de acanto. A cruz é cadrada na base, logo cilíndrica con nós nos brazos e cunha imaxe da dolorosa sobre rostro infantil polo reverso e no anverso un cristo ben tallado e cunhas incrustación de ferro facendo espiñas. Sobre a cabeza leva unha cartela vertical.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085. (pax.107, 108, como Cruceiro das cruces)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA019.pdf
(pax. 1 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.830787943186Lonxitude: -8.8674205541618
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84