Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Negreira
Parroquia: Negreira (San Xián)
Lugar: Cotón, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fortaleza medieval que sufriu importantes reformas, as máis significativa no século XVII, manténdose os cubos das antigas murallas enmarcando as diversas partes do edificio. Está vinculado aos familias de Luaces e Mariño de Lobeira. Destacan a galería de pedra, que atravesa a rúa principal da vila, con tripla arcada ameada, balaustradas e miradoiros; as rexas torres, que deixan claros o seu pasado militar, e doce escudos. A galería une as dependencias do pazo coa capela de San Mauro, construída no século XVIII
Nesta galería de pedra que cruza a rúa, atópanse instalados uns salóns, e dende alí pódese apreciar como transcorre a vida dos habitantes da vila e dos camiñantes que se dirixen a Santiago.
A capela de San Mauro ten unha estrutura de tres naves, separadas por grandes piares. Atesoura un retablo neogótico e imaxes antigas de San Amaro e un talle da virxe Santa Lucía, que mide corenta centímetros e foi esculpida con longa melena entrelazada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A aparencia exterior parece indicar que o seu estado e moi aceptable.
Onde está localizado
Latitude: 42.9074528216Lonxitude: -8.73862624168
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Xuñ 12, 2011
O Pazo de Cotón, xunto coa horta anexa, arcadas e Capela de San Mauro,
están catalogadas no PXOM de Negreira (1999) cunha protección ambiental;
a ficha pódese consultar en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA005.pdf
Oscar Franco says:
Nov 4, 2020
Artigo sobre este pazo na prensa dixital do 31 de outubro de 2020:
https://www.elcorreogallego.es/ocorreodaareadecompostela/o-pazo-do-coton-unha-edificacion-barroca-que-conforma-a-historia-artistica-de-negreira-FB5146263