Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Guamil (Sta María)
Lugar: Guamil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa parroquial de Santa María de Guamil posúe planta rectangular con muros de sillaría. O presbiterio está algo máis elevado que a nave con remates de pináculos nas esquinas.
Fronte sinxelo con cornixa en ángulo e sobre ela espadana dun corpo con dous vans, e remate en pequena pirámide con cruz de pedra e adornos nas esquinas.

Sª Mª de Guamil é lugar e parroquia sufragánea de S.Cibrao de Lama Má. (Rivas, 255). No 1213 Alfonso IX atendendo a queixas do Mosteiro de Sº E. de Ribas de Sil, confírmao nas súas posesións: Ego A (lfonsus)… ad querelam abbatis et conventus monasterii Sancti Stephani de Ripa Sili… inquiri mandavi… super hereditate… de Almouti et super uno casali de Guaamir, qui ad monasterium suum dicebant spectare de iure… et inveni sicut ipsi dicebant.
Don Paio Arias ou Ares de Ambía tenta tamén as propiedades que o mosteiro ten en Guamil (B.de Molgas). Así, no ano 1233 citado:… dant et concedunt medietatem… in Guaamir,… in tota terra de Juncaria et de Sancto Joanne, excepto Sancto Romano et Sobradelo…, onde lle habían de conceder a mitade dun casal que tiña o mosteiro, sendo episcopo in Auria domno L (aurentio) existente. O lugar de Gahamill cítase por derradeira vez no ano 1515, cando se lle afora a Gomez de Loyntra (Mº de Ribas, 424).
Este Casal en Guamil dos bieitos de Sº E. de Ribas de Sil, pasa a ser couto do Conde de Maceda. M. Coello (Apuntes, 39) di que foi señorío de dona Sancha de Ulloa, muller de Lope de Feixoo. No ano 1769 consta no anexo de Guamil, coma encargado, Don Pedro de Nóvoa, onde no 1822 está tamén un Don Nicolás de Nóvoa.
Sempre a Casa de Maceda.

Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.

http://www.guamil.com/casas/imagenes/casasguamil01.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.20484660266872
Lonxitude: -7.67652779817581
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84