Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Almoite (Sta María)
Lugar: Almoite
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A igrexa parroquial de Santa María de Almoite é unha pequena construción barroca na que o presbiterio está máis elevado que a nave. O fronte con remate de cornixa en arco e remates de pináculos nas esquinas e espadana de dous corpos que realza o conxunto, coroado por cruz de ferro.
O máis destacado é o Vía Crucis que circunda a igrexa, especialmente o cruceiro principal, situado ao pe da escalinata de acceso á fachada principal.
O ano de construción da actual é 1832.

Almoite pertence ó Concello de Baños de Molgas, limítrofe co de Maceda. Unhos 400 mts. arriba do lugar, nun alto, hai unhas poulas que levan o nome de a Eirexa Vella, por certo con algún enterramento antropoide rupestre; alí estivo sen dúbida a primitiva igrexa, hoxe no medio do lugar.
O nome non ten res de árabe; do ano 1650 hai unhacita nos Libros parroquiais, onde se lle di Sª Mª ad Montem, que parece ser o étimo de Almoite, vocalizando o –n implosivo.
Tiña aquí herdades tamén o mosteiro de Sº Estevo de Ribas de Sil, azoroñadas polo señor de Ambía, e que entran na confirmación pro mosteiro na escritura de Alfonso IX no ano 121(Ribas,255): …inquiri mandavi….super hereditate de Sancta Maria de don Franquia et de Casasoaa et de Almouti…..et.inveni… quod ipse hereditates spectabant ad ipsum monasterium.
Pero no ano 1233 (Ribas, 273-274) polo pauto entre o abade de Sº Estevo e o señor de Ambía, xa o Abbas et conuentus concedunt… domno Pelagio Arie et domne Marie Roderici, medietatem… in Almouti.
Tamén o mosteiro de S.Pº de Rocas (Rocas, 156) tiña aquí herdades: …et detis de bouza de Almoyti quartam partem panis…
Na Visita Pastoral do ano 1487 (BCMO, núm.107, p.44) aparece Almoyte con só 10 veciños, padroeiros da eirexa eles mesmos: “Comen un jantar os freigueses padroyros, que comen na dita iglesia. El merino de Allariz le lleva por forza diez fanegas de pan”.
Beatriz Salgado e Lopo Salgado teñen aquí unhas casas, cortiña e horta neste tempo. O apelido Salgado está presente na Casa de Maceda.
Lembremos a Francisco de Nóvoa Salgado, Comendador do Sº Oficio no sartego de Zorelle. Xa dixemos que Don Benito (de) Novoa Salgado, nado en Ourense no 1610, foi catedrático e rector de Fonseca (1650); logo fiscal en México e oidor en Guatemala.
Nunha casa arredor da eirexa hai un escudo de factura pouco ortodoxa. Con casco empenachado ollando a sinestre, en campo sen división, vese á esquerda un centinela con lanza, á dereita un castelo. Debaixo: ANO (corazón) DE 1694. (Nº 17).
Noutra casa de certo carácter, vese na lumieira dunha porta que pon: 1759 A CUENTA DE JOSE ALONSO, de que é herdeira polos anos de 1930-1940, Dona Ninfa Alonso.

Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.

http://www.panoramio.com/photo/20368383

http://www.panoramio.com/photo/13353755


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2574163758618
Lonxitude: -7.67724663019180
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84