Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Nete (San Cosme)
Lugar: A Légua Direita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruz comemorativa situada ao carom da estrada que une Rábade e Vilalva. Com motivo das obras realizadas hai alguns anos na estrada, a cruz foi deslocada desde o seu emprazamento original e agora encontra-se dentro de umha propriedade particular.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
A cruz lembra um terrível crime cometido nesse lugar em 1911.
Na localidade madrilenha de Humanes, a mulher de um senhor padecia um cancro de pele que lhe afectava ao rosto. Um curandeiro recomendou-lhe como única soluçom possível para o seu mal pôr sobre a sua cara o pelelho da cara de um homem lampo, que deveria ser-lhe arrincada em vivo. O marido da senhora escolheu como vítima um tal Cabarcos, vizinho de Nete e membro de umha quadrilha de segadores galegos que trabalhavam para ele. Para levar a cabo o crime contratou a Bautista de Ínsua, maioral da quadrilha e inimigo do Cabarcos. O 10 de Maio de 1911, Bautista e três companheiros (vizinhos da parróquia de Ladra) assaltárom o Cabarcos no caminho entre a Légua Direita e Fonfria e, após umha longa luita, conseguírom esfolá-lo e finalmente matá-lo com dous tiros polas costas. O epílogo da história conta que, quando o pelelho chegou a Humanes (no interior de um presunto), o cancro já acabara com a vida da mulher.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“O crime da Legua Dereita”, em http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=6&id=1709&n=o_crime_da_legua_dereita.
“Un crimen de hace 95 años” (reportagem em La Voz de Galicia): http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/05/06/4750708.shtml.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.231821015410354Lonxitude: -7.661786377429962
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Xuñ 12, 2011
Vilalba ten por planeamento vixente unhas N.S.P. (1984); ao non conter catálogo, queda ao disposto nas Normas Subsidiarias Provinciais; nas devanditas Normas, no listado correspondente a este concello, aparece na parroquia de Nete catalogado un cruceiro, pero ao non presentar plano ou foto, resulta difícil determinar a coincidencia ou non.
Ulmo de Arxila says:
Xuñ 12, 2011
Quiçá o cruzeiro que aparece catalogado seja o que está perto da igreja parroquial de Sam Cosme de Nete.
Aquilino says:
Nov 6, 2013
Según o meo conocemento a cruz que aparece na foto non corresponde a que conmemora “o crime da lagua dereita” conmemora a morte duns camiñeiros fulminados por un rayo. A cruz que conmmora o crimen está mais hacia Rabade, era unha cruz de ferro sobor de un poste de pedra, hoxe penso que desapareceo co a ampliación da carretera, estaba frente a entrada da canteira de area que esiste en ese sitio
Paco GP says:
Xuñ 17, 2015
Aquilino, esta en lo cierto