Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Curtis
Parroquia: Foxado (Santa María)
Lugar: Recareo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase dunha capeliña con cuberta a dúas augas rematada no cumio, antes da súa restauración, por unha cruz de ferro. O peto constrúese con granito revestido de tixolo con cemento e pintado. No interior, no retablo, aparece a imaxe de San Xurxo a cabalo.

Malia que a imaxe é antiga, o peto foi restaurado recentemente. Así, pintouse todo de branco, a cruz de ferro foi substituida por outra de pedra e colocáronse catro pequenos bolardos dos que penden cadeas que o rodean.

O Peto de ánimas de Recareo sitúase á beira da estrada AC-231.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: CR-8
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, E.: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña”. Ir Indo, 1998.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CURTIS/documents/26210CA021.pdf (páx. 4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.12451068520482
Lonxitude: -8.030791282653809
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84