Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Cortegada
Parroquia: Refoxos (San Breixo)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben: As ánimas do Outeiro
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O peto de ánimas do Outeiro, construído en cantería, non posúe ningunha imaxe e na bóveda ten labrada unha cuncha de Santiago.
Está rematado por dúas bolas de granito e pode ser que, en tempos, tivera unha cruz, hoxe desaparecida. Por baixo da cornixa ten un cartucho con unha inscrición moi erosionada.

Algunhas pedras están fora do seu sitio, especialmente a que conforma a base do peto á esquerda. Todas as pedras están ao redor do monumento, polo que sería doada a súa restauración.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase en perigo por abandono e pola vexetación que crece ao seu arredor. Basta comparar o seu estado nas dúas fotos adxuntas que abranguen un período de vinte anos (1991-2011)


Onde está localizado

Latitude: 42.19967265854145
Lonxitude: -8.136706352233887
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84