Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Aranga
Parroquia: Cambás (San Pedro)
Lugar: Os Caínzos - Serra da Loba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A construción da Ermida de San Vitorio parece deberse á cristianización dun conxunto de mámoas no lugar.

Os muros están feitos de grandes bloques de granito. Ten planta rectangular, e na parte dianteira ten un pórtico sostido por un muro baixo, sobre o que apoia unha columna de sección cadrada nos extremos e achafranada na parte central. A porta está alintelada e ten gravada unha cruz. A cuberta é a tres augas con lousa de pizarra e tella curva nas arestas. Remátase cunha cruz de brazos con remates lanceolados e un pináculo noutro extremo.

A ermida sitúase no medio da Serra da Loba, nos límites co concello de Monfero.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase que a ermida e o cruceiro que hai ao lado foron construídos en 1560 por unha persoa devota sen descendencia. Ao morrer deixounos no testamento a uns veciños do lugar co encargo de celebrar cada ano unha romaría no honor a San Vitorio. Esta ten lugar o 22 de maio. É costume botar unha esmola pola xanela do lado sur mentres se lle pide un favor ao santo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
VEIGA FERREIRA, X.M. e SOBRINO CEBALLOS, J. “As mámoas de Galiñeiro: Da ermida da Ascensión (Monfero) á de San Vitorio (Cambás)”, Xanela, nº 12 (2ª Época),Outono 2001 (pp.13-15).

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARANGA/documents/0025CA002.pdf (p. 6-7)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf (p. 3)
http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (p. 26)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2760063093243
Lonxitude: -7.937498688697815
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84