Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Quiroga / Quiroga (comarca)
Parroquia: Quiroga (San Martiño)
Lugar: Quiroga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A Igrexa parroquial de San Martiño de Quiroga levantouse entre os anos 1864 e 1870 dentro dun marcado estilo neoclásico, con planta de cruz latina e dúas airosas torres que comprimen a fachada. O retablo maior, recentemente restaurado, é neoclásico, coa escultura de San Martín. O retablo esquerdo tamén é neoclásico, coas esculturas de San Miguel, do século XVIII, e da Inmaculada, do XVII. O retablo dereito é de factura máis moderna.
No oco da porta aberta na dereita da nave principal, que non se usa e está pechada cunha vidrieira alusiva aos elementos da paixón de Cristo, aparece unha figura de Cristo crucifixado do século XVII.
Nos retablos laterais: a dereita está a figura da Dolorosa; e a esquerda a do Sagrado Corazón.

No interior da igrexa atópase a Cruz parroquial de plata, composta de alma de madeira, con cenefa de lises e macolla hexagonal en dúas plantas con relevos e estatuillas de San Martín repartindo a súa capa ao revés, do século XVII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

No interior da igrexa atópase a Cruz parroquial de plata, composta de alma de madeira, con cenefa de lises e macolla hexagonal en dúas plantas con relevos e estatuillas de San Martín repartindo a súa capa ao revés, do século XVII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.47559069109079
Lonxitude: -7.272160649299622
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84