
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Aranga
Parroquia: Cambás (San Pedro)
Lugar: Serra da Loba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O Cruceiro da Loba é un cruceiro de granito con plataforma cuadrangular de tres graos. O pedestal é cúbico, rebaixado pola parte superior. Nel aparece unha inscrición moi deteriorada que reza:
DESTE MONGE / OVECO HE DE VOS / ORACIÓN REZARÉ / A JOAN LOAD / AVE MARÍA
O varal ten sección cadrada no primeiro terzo para achafranarse despois e tomar sección octogonal. O capitel está moldurado. Sobre el érguese unha cruz de brazos achafranados e remates florenzados.
O pedestal podería datar do século XIII mentres que o resto do cruceiro é dunha época posterior ao perderse o orixinal.
Está na serra da Loba preto dos límites ca parroquia de Val de Xestoso (Monfero).
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Vol. I, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Textos de CABANAS LÓPEZ, F.
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf (p. 3)
http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (p. 36)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.285172103467566Lonxitude: -7.948522567749023
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



(4 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 9, 2024
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150030201.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan José. (1996). Los cruceros de la comarca de Betanzos (II). Anuario Brigantino, 19.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. (1999). Cruceiros de Guitiriz. Cadernos do Seminario de Sargadelos, 81. Ediciós do Castro.