
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Vide (San Xoán)
Lugar: Vide
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa de San Xoán de Vide posúe de planta rectangular con muros de sillaría, destacando en altura o presbiterio. O fronte é sinxelo, coa porta de acceso e sobre ela unha pequena ventá circular, con cornixa en arco e sobre ela espadana dun corpo, e remate con pirámide coroada con cruz de ferro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.22509323422562Lonxitude: -7.66095757484436
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Gavilanes67 says:
Abr 28, 2012
Engado algo mais de informacion sobre esta parroquia:
A freguesía de San Xoán de Vide era no ano 1487 (BCMO, núm.107,p.47) do
padroádego dos Soutelo e Salgado, que levaban “por fuerza” un xantar de 300
mrs.
Aquí nace no ano 1825 o Dr. Don Joxé Mª Martínez Pazos, seu pai Francisco
Martínez de Vide, e a nai Bernarda de Pazos, de Brandín, Baños de Molgas.
Comeza os estudos na preceptoría do veciño Santuario dos Milagres. Foi abade
de Arnuíde, a Sma. Trindade de Ourense, e Vide ó mesmo tempo ca administrador
do Santuario.
Foi quen no ano 1869 entregou esa administración ós PP. Paúles, marchando
seguidamente a Santiago coma coengo da catedral. Escribiu a primeira Historia do
Santuario e 2 tomos de sermos. Testou en Maceda no ano 1885, sendo albacea Don
Antonio López Ferreiro; en 5-6-1896 engade un codicilo legando a súa herencia
para unha beca no Santuario coa que puideron comezar os estudos varios
candidatos da veciñanza. Morreu o 19-8-1897.
A Vide pertence o lugar de Froufe (villa Freodulfi); no barrio de Aldea de
Baixo sinálase a Casa do Coengo, onde morou Don Francisco Martínez Pazos, e
quixo que fose o seu soar, aínda que irregularmente constituído, o mesmo cá o
seu escudo.
No formal frontal da casa vese un escudo partido e cortado, sen bordura nin
cimeira; no 1º cuartel 5 flores de lis en sotuer de Martínez; 2º seis roeles;
3º dous dragós acaroados; 4º árbore con lobo pasante ó pé. No escudo o
mote: DECA AVANTE Copia mormente do escudo dos Deza de Erbedelo. Nº 24
Outro escudo hai sobre a bóveda dunha fonte arcada cercana, das chamadas de
mergullo, igual cá o anterior.
Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y
nobiliaria de Galicia.