Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Baños de Molgas (San Salvador)
Lugar: Formigoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A pequena capela de San Caetano de Formigoso posúe planta rectangular con muros de sillaría de 6,00 x 11,00 metros e cuberta de tella a dúas augas. No fronte destaca o arco de medio punto cegado sobre o que se insire a porta de acceso. Coroándoo, unha pequena espadana cun van onde se atopa a campá, apoiada sobre cornixa, e remate en cruz de pedra adornada con pequenos pináculos rematados en bolas. Ademais, remates de pináculos con bolas e ventás nos laterais.
Formigoso, queda a par de Baños de Molgas. Consérvase a tradición de ter existido aquí Casa Grande. O que non é tradición, senón realidade, é que na capela de San Caetano, padroeiro do pequeno lugar, á beira da porta frontal, hai un escudo (foto2) que acaso non teña relación algunha coa problemática señorial que imos historiando. ¿Ou si? É un escudo sen cimeira, pero si empenachado de tres grandes frondas ou plumas e con macollas ó pé anoadas por flor de lis. Unha banda engolada en dragantes divide de enxergo o campo con lobo pasante a cada lado. Abranguen o escudo deica sobrepasar o xefe, dous grandes cobrós.
Poden ser armas de Garrido; o P. Crespo (Blasones, XXI, 36) sitúa ós Garrido nas Terras da Limia. Un Xoán Garrido vemos en Lodoselo a mediados do XVII, cuxo neto, Pedro Garrido, ven casar con Ana María de Nóvoa no Val do Medo, da casa de Maceda. Non falta o apelido Garrido neste Val.
Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
RIVAS QUINTAS, Elixio: “Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia”.
ENLACES WEB
http://www.panoramio.com/photo/64576506
http://www.panoramio.com/photo/15902448
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA002.pdf (p. 5)
http://www.panoramio.com/photo/33488418
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23397888331227Lonxitude: -7.676688730716705
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84