Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Sobrado
Parroquia: Cumbraos (San Xiao)
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

É unha capeliña con cuberta a dúas augas, feita en cachotería recebada de cal e pintada. No retablo aparecen tres imaxes: San Roque, o Sagrado Corazón e Santo Antón con caixas de ferro soldadas á rexa para as esmolas.
No frontispicio hai unha cruz de mármore coa inscrición “JHS Santa misión/ clero diocesano/ Cumbraos 10-VI-1956”. No interior atópase outra cruz de madeira doutra Santa Misión, datada en 1946.

O peto de ánimas atópase na beira da estrada AC-231, a poucos metros do desvío ao lugar da Torre.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FDEZ. de la CIGOÑA, E.: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña”. Ir Indo, 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.07351188454758
Lonxitude: -8.010449409484863
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84