Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Ribadavia (San Domingos)
Lugar: Ribadavia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O edificio de obra gótica coñecido como a Casa da Inquisición foi construído no século XVI. Albergaba as actividades dos membros do Santo Oficio, especialmente celosos da vida e costumes dos xudeos conversos da localidade. Na súa fachada destaca a porta en arco conopial e cinco pedras de armas encadradas por un alfiz. Nos seus muros inscríbense os escudos nobiliarios das familias locais ligadas á Inquisición. De esquerda a dereita aparecen os caldeiros e as esporas dos Puga, os monos dentro dun aguia da familia García Camba, o dos Bahamonde no centro flanqueado por dous lagartos coas colas entrelazadas, o dun personaxe do Santo Oficio e como remate, as cinco cabezas de lobo dos Mosquera-Sandoval. O persoeiro de Ribadavia máis importante dentro do Santo Oficio foi Pedro Vázquez de Puga, cuio sepulcro atópase na Igrexa de Santo Domingo, moi perto desta casa.
O baixo desta casa, foi ata a súa xubilación, local dun zapateiro de Ribadavia. Os andares superiores están habitadas por nativos de Ribadavia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.ribadavia.net/esp/patrim/iglesias/portal.htm
http://www.turgalicia.es/rutaoribeiro/ContenidoRibadavia_E.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.28866340308966Lonxitude: -8.142832517623901
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84