Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: Ribadavia
Parroquia: Ribadavia (San Domingos)
Lugar: Ribadavia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

A fachada do concello, neoclásica, data do século XIX, como dicía Murguía: “Sin ser notable sobre todo polo seu pórtico, que é renacemento, así como fermoso e curioso campanario do reloxio, de ferro labrado, bastante rico e digno de conservarse. Sobre o arco da porta campean as armas dos Sarmiento e as de Ribadavia”.

Segundo Vicente Risco “Ten a un lado unha escaleira moi curiosa, ten tres corpos superpostos, abaixo, porta de arco, no segundo, dous escudos, un en branco e outro con sol e lúa sobre un castelo, e no fondo ondas, no terceiro, unha xanela e un reloxio de sol na esquina e remata en frontón triangular con xarrón e ánforas no vértice e nas acróteras, respectivamente”.

Foi construída na década de 1545-1555. A historia lembra que os oficiais para a construción do edificio, foron o mestre canteiro Pedro Gómez e os carpinteiros Juan Leal e Esteban González, dando comezo as obras a mediados do ano 1545, posto que en outubro dese ano o procurador xeral da Vila, o prateiro Glau de Mosquera entregou ó citado canteiro “para o pago da Casa de Reximento, que dito Pedro González fai VINTE DUCADOS”. Esta casa fixo funcións de alfóndiga.

Con relación ó reloxo debeu ser cambiado por outro no ano 1781, toda vez que na sesión municipal do 19 de abril de dito ano dáse por rematada a fundición do reloxo público, e disponse que a campá do mesmo leve a incrición: “Verbum caro Factum est. Xptus. Vincit. Xptus. Regnat. Xptus. Ymperat. Xptus. Ab omni malo nos diferendat”. Unha nova maquinaria para o reloxo foi adquirida por acordo do consello de 1883.
Posteriormente, foi vendida no ano 1902 a un particular por dezasete pesetas, pasando a ser substituída pola maquinaria actual. Así mesmo, ó reloxo hai que darlle corda tódolos días. Esta corda débese darlle cunha manivela en dúas zonas, unha para as horas e outra para as medias. A das medias consta de doce voltas e a das horas de 142 voltas, todo con manivela, que levanta uns pesos dende máis abaixo do nivel da Praza Maior. O encargado de facer este traballo e mantemento do mesmo é Javier Fernández Casas que leva máis de 36 anos ó cargo, sen faltar ningún día, xa que a corda do reloxo aguanta só entre 28 e 30 horas aproximadamente.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNANDEZ DAVILA, X.: http://www.ribadavia.net/esp/patrim/casa_rectoral_torre.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2876256567271
Lonxitude: -8.143350183963775
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84