Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: -- / Padrenda / Terra de Celanova (comarca)
Parroquia: Desteriz (San Miguel)
Lugar: A Agra
Outra denominación do ben: San Miguel de Desteriz
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Templo do século XVII dunha soa nave sostida por arcos de medio punto que descansan sobre contrafortes coroados por bolas. Na fachada domina a torre do campanario, de tres corpos con balaústre e rematada cunha cúpula coroada con bola.
A igrexa atópase sobre unha plataforma na que tamén está o cemiterio parroquial de Desteriz, erguéndose todo o conxunto sobre un outeiro. O Cotiño, tal e como se denomina, érguese a 169 metros de altura e albergou un castro e, posteriormente, un castelo, usado ata o século XIX, do cal só fican varios lenzos de muralla soportando a igrexa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

Pinturas do XVIII no interior.


Tradición oral:

O lugar foi un castelo para defenderse dos portugueses e dos franceses.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.15302367034787
Lonxitude: -8.187153339385986
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84