Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Curtis
Parroquia: Fisteus (Santa María)
Lugar: Xabriño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

A capela de San Roque de Xabriño ten planta rectangular cunha soa nave. No lateral norte posúe unha capela datada no ano 1800, adicada á virxe Peregrina. A cubrición do tellado faise con tella curva, a dúas augas na nave e a catro no resto. No interior, a nave ten armazón de madeira, ao igual que o coro alto, que está sostido por modillóns pétreos.
O templo é de estilo barroco. Combina a cachotaría con pezas de cantaría. A fachada ten cantaría de granito á vista na parte central e nos esquinais. No medio está recebado e pintado de branco. Por enriba da porta de acceso, ábrese un fornelo que contén a imaxe de San Roque.
Ten un campanario en espadana de dous corpos, dous ocos de campá na parte inferior e un na superior. O conxunto adórnase con múltiples volutas e pináculos, así coma os beirís da fachada. Por debaixo da espadana hai placas e borlas como adobío.
Nun contraforte do muro sur localízase un reloxo de sol.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: AR-3
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

SORALUCE BLOND, J. R. e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: Arquitecturas da provincia da Coruña. Aranga, Cesuras, Coirós, Oza dos Ríos, Vilasantar, Vol. XVI, Deputación Provincial da Coruña, 2001

PÁXINAS WEB

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CURTIS/documents/26210CA018.pdf (p. 3)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA004.pdf (p. 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.13339783256094
Lonxitude: -8.097283244132996
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84