Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Sobrado
Parroquia: Roade (Santo André)
Lugar: Golmar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo de Golmar ten planta en forma de “L”. Nos muros combínase a cachotaría coa cantaría nos esquinais e vans. As cubertas son de tella do país.
Na cara interior do pazo hai unha solaina cunha balaustrada de pedra de influenza compostelá e piares de cantaría. Destaca polas súas grandes proporcións a cheminea, que consta de dous corpos, rematándose o inferior cunha cornixa na que se colocan pináculos ornamentais. Esquinado cara ao sur, colócase un reloxo de sol. Nos perpiaños que quedan xusto debaixo lese unha inscrición co ano 1781, época na que se engadiu a torre-cheminea sobre o edificio primitivo.
Na parte sur hai acaroada unha pequena capela que acolleu un convento. Está rematada por unha espadana dun só oco.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: AC-07
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo unha lenda, o fundador da casa agachou varias lanzas de ouro no interior das columnas que sustentan a lareira.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

SORALUCE BLOND, J. R. e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: Arquitecturas da provincia da Coruña. Melide, Santiso, Sobrado e Toques, Vol. XVII, Deputación Provincial da Coruña, 2007.

PÁXINAS WEB

http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=997

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SOBRADO/documents/26732ca032.pdf (p. 1)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA008.pdf (p. 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.051450173189146
Lonxitude: -7.970033884048462
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84