Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Coruña (comarca) / Culleredo
Parroquia: Rutis (Santa María)
Lugar: Vilaboa - O Castelo
Outra denominación do ben: Pazo de Vilaboa
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Pazo de estilo neomedieval, construído a finais do século XIX por Álvaro de Torres e Taboada, quen asesorou a Emilia Pardo Bazán na remodelación da Granxa de Meirás.

O edificio posúe características que o asemellan cunha construción fortificada: un pequeno foxo, unha torre da homenaxe, unha capela e a vivenda. Ademais, posúe un xardín con árbores centenarias e un conxunto de estatuas do século XVIII, instaladas polo anterior propietario.

Na actualidade é un restaurante destinado a celebracións e banquetes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA004.pdf (p. 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.311236492671846
Lonxitude: -8.38084101676941
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84