Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Aranga
Parroquia: Feás (San Pedro)
Lugar: A Aturela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo crucifixo feito en granito. Ten unha plataforma cuadrangular de tres chanzos. O pedestal é tamén cuadrangular e está moldurado. Ten unha mesa adosada que serve de pousadoiro. O varal comenza e remata cadrado. Na parte central está rebaixado nas arestas e toma sección octogonal. O capitel posúe un astrágalo cuadrangular liso. O ábaco vai adoviado con volutas e caras.
Enriba érguese a cruz, de sección circular e aspecto leñoso con nós. No anverso aparece o Cristo crucificado con tres cravos. Inclina a cabeza cara a dereita, leva coroa de espiñas e cartel de INRI. As mans están abertas e o pano de pureza ata á dereita. No reverso amosa a Virxe orando, cos dedos entrelazados. Apoia sobre querubíns a xeito de peana.
O cruceiro está na Praza do Igrexario, preto da igrexa parroquial de San Pedro de Feás.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUIZ, L.: «Cruceiros na provincia da Coruña». Vol. I, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
PÁXINAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf (páx. 3)
http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (páx. 33)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.24513238529913Lonxitude: -8.081785440444946
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Mai 1, 2012
Páxina do Pxom de Aranga que recolle este cruceiro:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARANGA/documents/0025CA001.pdf (páxina 9 de 16)
Oscar Franco says:
Mai 9, 2024
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150030302.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan José. (1996). Los cruceros de la comarca de Betanzos (II). Anuario Brigantino, 19