Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Aranga
Parroquia: Aranga (San Paio)
Lugar: Pousadoiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Trátase dun muíño de herdeiros no fondo da aldea de Pousadoiro que moía coas augas do Mandeo. O acceso é dificultoso polo forte desnivel que ten que salvar o camiño.
É un muíño de canle, de tamaño pequeño, cos muros de cachotaría, porta alintelada e cubrición a dúas augas con lousas de pizarra.
Conserva a canle en moi mal estado. Tamén queda o pe da moa, que é do tipo do país, de material granítico.
O muíño non tiña caixa nin peneira como é habitual nos muíños de herdeiros. Utilizábase para moer sobre todo millo, e con menor frecuencia centeo. Moía uns 7 ou 8 ferrados diarios de gran.
Os herdeiros que tiñan pezas neste muíño eran oito, e están recollidos polos nomes con que son coñecidos na zona: casa de Zapateiro, casa de Zoqueiro, casa de Xurxo, casa do Roxo, casa de Porto, casa de Terriña, casa de Tizón e casa de Serrador. Os da casa de Zoqueiro e os de Xurxo compartían quenda de moenda. Os encargados de picar e restaurar o muíño eran Emilio de Zoqueiro e o “Tío Xan” da casa de Terriña.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LIÑEIRA VAZQUEZ, J. M. “Estudio etnográfico dos muíños hidráulicos: un exemplo na parroquia de Aranga”, Brigantium, nº 14, 2003, pp. 285-301.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.222456279276926Lonxitude: -8.012058734893799
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84