
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Salnés (comarca) / Sanxenxo
Parroquia: Noalla (Santo Estevo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Está construída sobre os restos románicos dun templo anterior, do que se conserva a portada, aínda que non no seu estado orixinal, xa que foi posteriomente remodelada. Na portada destacan as arquivoltas con arcos apuntados e as tallas no tímpano, así como unha escena da crucixifión de Cristo, que data do século XVIII.
Tres tramos compoñen a única nave da igrexa, dous deles con bóveda de crucería e o outro con bóveda de canón. Ademáis a igrexa posúe unha capela e unha sacristía, cuberta tamén cunha bóveda de canón.
A beira esquerda da fachada principal da igrexa atópase situada a torre do campanario, con dúas campás, rematada cunha cúpula e ornamentada con pináculos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Destacan 3 retábulos: dous de madeira e un de pedra:
* O máis antigo é o que corresponde á Virxe do Carmen. É de un barroco sinxelo e na base do mesmo atópase unha escenificación do purgatorio. Na hornacina central atópase a imaxe da Virxe do Carmen do século XVIII. Nos laterais atopamos dous santos da orde de Carmelo que son San Xoán da Cruz e San Simón Stock (o santo do Escapulario), tamén do século XVIII. Na parte superior do retablo atópase coronándoo unha imaxe de San Esteban. As columnas decoradas con motivos vexetais son de estilo salomónico.
* O retábulo de San Xosé, data do ano 1940 e nel se atopa a imaxe de San Xosé do mesmo ano. (O retábulo foi restaurado no 2009).
* O retábulos e altar pétreo da virxe das Dores, destaca pola súa harmonía. Na parte superior do mesmo hai unha hornacina na que se atopa un Ecce Homo. Na parte central do mesmo atopamos unha ampla hornacina para a Virxe das Dores que é do século XVIII, feita en madeira.
O presbiterio no que existía un altar do século XVIII, hoxe en día atópase as imaxes da Virxe do Carmen, San Esteban (Patrono da parroquia) e na parte central do mesmo un crucifixo do século XVIII. Tamén destaca o Sagrario, peza única, fabricado en Onix e o frontal en prata, con ouro e esmalte cunha representación simbólica da luz como pureza, da sangue como esforzo, e da divinidade. Esta peza é de arte contemporáneo.
Outras imáxes situadas en ménsulas laterais son: S. Antonio, (S. XVIII), S. Roque (S. XVIII), S. Blas (S.XVIII), a virxe de Lourdes (S. XIX), S. Lourenzo (S. XVIII), Sta. Cecilia (S. XX) e unha imaxe do Sagrado Corazón de xesús (S. XIX). Destaca a lámpara do Santísimo de prata repuxada do S. XVII.
Á entrada do templo, a man esquerda, atópase o baptisterio situado xusto debaixo da torre Campanario.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA006.pdf
http://www.parroquianoalla.es/iglesianoalla.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4320063531Lonxitude: -8.85407119989
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
paeiro says:
Abr 30, 2016
Está mal sinalado no mapa. A igrexa atópase no final da rúa Estrada 9212 a man dereita. No mapa de Google aparece sinalada como ‘Iglesia de Noalla’.
Oscar Franco says:
Mai 2, 2016
Corrixido.
Grazas polo apuntamento.