Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Campo Lameiro
Parroquia: San Miguel de Campo
Lugar: San Antonio - A Lagoa
Outra denominación do ben: Coto de Penalba
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro,
Descrición:

O xacemento consta de dúas terrazas. A inferior é un círculo irregular de 101 m.. A superior ocupa o cadrante NE da precedente cun diámetro de 45m. Sobre ela e ocupando a súa metade setentrional atopase a croa onde se sitúa o Petróglifo da Pedra da Serpe contemporánea do asentamento.

Na contorna da terraza inferior, atopamos un talud cun desnivel de 3 a 6m. Formado por pedras e terras de tamaño irregular. Nalgunhas zonas hai unha muralla organizada mentres que noutras temos un parapeto de pedras similares as dun muro. Arredor desde muralla discorre unha rampa de acceso de 1m de ancho.

Esta muralla tiña unha finalidade defensiva no seu cadrante sur e oeste mentres que no norte e este contiña materiais de recheo da construción da terraza.

A primeira terraza ten unha anchura media de 31m. Nos cadrantes Oeste, este e sur. Mentres que no norte redúcese a un camiño de transito de 6m. de ancho. Todo esta terraza ten un espazo habitable de 6000m cadrados.

A datación de diversos materiais coma un anaco de madeira carbonizada atopada no interior dos restos dunha lanza, nos datan este asentamento a principios do século IX a. de C.

Estaríamos ante un asentamento estable do bronce final cunha economía agrícola adicada ao cultivo de cereais e a recolección. Nunha época máis tardía o primitivo asentamento foi destruído por un incendio, tras o cal houbo unha actividade de reconstrución outros métodos construtivos como a construción da muralla e da terraza máis acordes cos modelos da cultura castrexa da idade do ferro. Este novo poboado foi abandoado case que sen habitar e a poboación trasladouse ao monte do monte Castelo ou Castro dos Mouros situado a 400m. ao oeste.

A finais do século XVII constrúese a capela de San Antonio moi preto da croa sobre os lenzos dunha capela máis antiga.

En época contemporánea sufre máis modificacións como a construción dunha rampa de acceso a dita capela, a construción dunha campo de festas nas proximidades ao castro así como a explotación forestal de eucalipto dos terreos.

En 1983 e 1987 realízanse diversas escavacións arqueolóxicas, dirixidas Antonio Álvarez Núñez, destinadas a coñecer as estruturas do castro e as súas orixes.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA36007008
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● Antonio Alvarez Núñez. “Castro de Penalba: Campo Lameiro, Pontevedra: campaña 1983” Xunta de Galicia, 1986. ISBN 84-505-2874-7.

● Antonio Alvarez Núñez. “Castro de Penalba (Campolameiro) y Castro do Mouros (Moraña), campaña de excavaciones 1987” El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 41, 1987, págs. 97-111

● Antonio Alvarez Núñez, Pablo Ramil Rego, María Jesús Aira Rodríguez. “Estudio paleocarpológico realizado en el Castro de Penalba” Botanica complutensis, ISSN 0214-4565, Nº 16, 1990 , págs. 81-90.

● N.S.P 10/07/1996 Concello de Campolameiro, Fichas Patrimonio Arquitectónico, etnográfico, artístico e cultural (44-83).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CAMPOLAMEIRO/documents/0742CA006.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.54302779189161
Lonxitude: -8.55260968208313
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84