Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: Cando
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Amosa o cruceiro plataforma de catro chanzos sobre o que vai o pedestal de 60 cm. de altura. Este está composto por cinco corpos de base cadrada, o primeiro leva a inscrición ANO DE 1771 pola fronte. Varal de base cadrada que os 7 cm. xa é cilíndrico. Unha moldura circular dá paso a un fuste con 8 acanaladuras con bordes resaltados de 68 cm de longo. Despois doutra moldura circular o fuste volve a ser liso e decorado con nós. Unha moldura cadrada e perfil curvo separa o varal do capitel. Vai decorado este en cada cara cun rostro de neno metido nunha orla aveneirada. Nas esquinas leva cunchas de vieira con volutas enriba. A cruz está decorada con nós nos brazos. Polo fronte leva un Cristo de moi boa factura. No reverso unha Dolorosa cunha cruz chantada no corazón e unha orla metálica sobre a cabeza. Apóiase sobre un rostro infantil rodeado de decoración vexetal.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I,
Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X
(pax. 105)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA019.pdf
(páxina 4 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8327805199Lonxitude: -8.86396586895
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84