Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Villestro
Lugar: Portela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Emprázase sobre un “rechán en aba de dorsal”. “Fragmentado por actividades extractivas tradicionais evidentes na súa área nor-nordés.” Ata aquí a descripción do catálogo.

Consérvanse dúas rochas con gravuras, de pequenas dimensións e moi alteradas polos traballos de cantería tradicionais. A rocha más o norte sobresae moi pouco sobre o terreo e conserva unha combinación de círculos concéntricos con coviñas no interior moi desgastada. Está realizada aproveitando unha protuberancia da rocha. A segunda rocha atópase moi próxima a esta. É de maiores dimensións e volume. Conserva dúas combinacións de, polo menos, dous círculos concéntricos unidos por un trazo, e numerosas coviñas (tanto dentro como fora dos círculos), sucos de entrada/saída, e varios círculos simples demenores dimensións e con coviñas no interior. Unha das combinacións circulares consérvase só en parte o situarse nun extremo da laxe e ter sido obxecto do labor dos canteiros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15078007
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

VILAR ÁLVAREZ, M. “El camino al fin de la Tierra”. A Coruña, 2010. Asociación de Cámaras Oficiales de Comercio, Industria y Navegación de los Caminos Jacobeos. páx. 28.
Pax 13 de 48 do catálogo pxom do concello de Santiago ano 2007
Enlace : http://goo.gl/kY8aug


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A pesares de atoparse moi preto do Camiño de Santiago carece de sinalización e non se fixo ningún tipo de acción encamiñada á súa posta en valor.

Na súa ficha no catálogo do PXOM non se describen os motivos, si se achegan dous debuxos. Sitúa a rocha na parroquia de San Caetano pero contradictoriamente no lugar de A Portela, pertencente á parroquia de Villestro.


Onde está localizado

Latitude: 42.881388917
Lonxitude: -8.6149764061
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84